Publicacións

Imaxe
Os réptiles Os réptiles son vertebrados co corpo cuberto de  escamas  e/ou  placas , con ou sen patas, reprodución ovípara ou ovovivípara e fecundación interna.  Viven en gran variedade de ambientes  terrestres  (lagartos, serpes,…) e  acuáticos   (como as tartarugas mariñas) aínda que dependen do aire para respirar. A maioría son  carnívoros  e adoitan engulir as súas presas enteiras, pero algúns son  herbívoros  (tartarugas). Son  poiquilotermos : a temperaturas baixas son lentos e pouco activos e no inverno aletárganse e hibernan. Clasificación Os saurios:  Son as lagartas, lagartos, osgas, iguanas e camaleóns. Teñen a pel cuberta de escamas e o corpo alongado. Algunhas especies presentan un rabo do que poden desprenderse para escapar dos depredadores Os quelonios:  Son as tartarugas. Teñen unha cuberta externa ríxida que lle cobre o corpo, soldada á columna vertebral, na que tamén poden agochar as patas e a cabeza. 
Imaxe
Algúns anfibios galegos (II) Urodelos Píntega (Salamandra salamandra gallaica).  É facilmente recoñecible polo deseño da súa pel de cor marela e negra. É bastante común pero pouco vista porque é de costumes nocturnos. Vive nos bosques caducifolios. Pintafontes, lagartiño de auga ou limpafontes (Triturus helveticus). Anfibio terrestre e nocturno, aínda que pode pasar longas tempadas na auga. Os machos teñen as patas traseiras palmeadas. Saramaganta rabilonga ou salamántiga galega (Chioglosa lusitanica).  Especie endémica do noroeste da Península Ibérica. Vive nas proximidades de regatos de augas rápidas e ben osixenadas en microclimas saturados de humidade. Considerada especie vulnerable pola IUCN.  Limpafontes verde, píntega de auga (Triturus marmoratus).  Común por toda Galicia.  Os machos teñen unha crista dorsal moi destacada. Pintafontes común, sabanduxa, lagartiño de auga (Triturus boscai). Atópase por toda Galic
Imaxe
Algúns anfibios galegos (I) Anuros  Ra verde (Pelophylax perezi).  O anfibio máis común e o máis acuático. Atópase en lagoas, encoros, ríos e pozas. Rela ou Estroza (Hyla molleri).  Vive nas árbores e arbustos perto da auga. A cor verde mimetízaa coas follas. So vai á auga nas datas de reprodución a pór os ovos.  Ra patilonga, ra dos regos (Rana iberica).  Vive nos ríos, en correntes de augas rápidas e de montaña. É un endemismo do noroeste da Península Ibérica. Ra vermella (Rana temporaria).  Atópase na metade norte de Galicia e nos cumes.  Sapo común (Bufo bufo).  É o máis grande dos sapos galegos, as femias poden sobrepasar os 20 cm.  De costumes terrestres, so vai á auga a desovar. Sapo corriqueiro (Bufo calamita).  Sapo de pequeno tamaño cunha característica liña polo medio do lombo. 
Imaxe
Os anfibios Os anfibios son vertebrados coa pel núa, catro patas, reprodución ovípara con fecundación externa na auga (fase larvaria acuática) e desenvolvemento das crias con metamorfose . Son terrestres, pero non poden abandonar a auga por completo, pois dependen dela para reproducirse. A maioría son carnívoros . Posúen abundantes glándulas secretoras de moco que a manteñen húmida e viscosa. Ás veces presentan vesículas con glándulas velenosas . Son poiquilotermos , a temperatura do seu corpo é igual ao do medio. Moitos hibernan, é dicir, permanecen inactivos e en repouso absoluto enterrados no chan ou debaixo dunha pedra ou tronco durante o inverno A respiración nos adultos é pulmonar e/ou cutánea, mentras que nos cágados é branquial. Clasificación Anuros (anfibios sen rabo) - De adultos carecen de cola - Teñen o corpo curto - As patas posteriores están máis desenvolvidas ca as anteriores - Son as ras e os sapos Urodelos (anfibios con rab
Ola! Déixovos unha pequena presentación de resumo dos peixes e a súa clasificación que tendes que copiar no caderno de clase. Tedes que rematar tamén as cuestións da ficha de Cristina ata a actividade 13. Ten que estar rematado para o luns vale? Bicos Arquivo

Os peixes

Imaxe
Que é un peixe? É un animal vertebrado acuático, ovíparo con fecundación externa. Cales con as súas partes? Presentan a seguinte  estructura externa: E a seguinte estructura interna: ACTIVIDADE: Fai no teu cuaderno un debuxo da estructura externa dun peixe e outro da estructura interna, indicando as súas partes e a función de cada unha de elas.
Imaxe
Ola rapaces! Aquí vos deixo a ficha 2 de actividades. Tamén vos queda un anaquiño da presentación de Cris. Xa o víramos todo na clase, pero quedaban 3 ou 4 diapositivas por copiar no caderno. Tedes que copialas vale? A ficha tedes que entregala o luns pola tarde máis tardar, así que aínda tedes tempo. A semana que ben empezaremos cos peixes!! Calquera dúbida, comentade!! Que tal andadess?? Apertas! Presentación Ficha 2 Word Ficha 2 PDF